perexil

perexil

occit peiressil

Plural: perexís
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, de ramas e follas tripinnadas de cor verde escura, flores de cor verde amarelada, dispostas en umbelas e froitos en diaquenio. Emprégase como condimento.

  2. perexil de monte [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de talo macizo e estriado, follas tripinnadas, flores de cor branca dispostas en umbelas e froitos con costelas moi marcadas.

  3. perexil mariño [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de follas pinnadas e carnosas, flores de cor verde amarelenta, dispostas en umbelas e froito verde oliva que viven en rochedos marítimos.

Sinónimos