historia
lat historĭa gr ἱ στορία
-
-
s
Narración ordenada sobre o conxunto dos feitos memorables do pasado humano.
-
s
[HIST ]
Ciencia que se ocupa do estudo dos feitos, como conxunto das actuacións dos homes no pasado, e da súa narración.
-
fin da historia
[FILOS ]
Concepto de orixe hegeliana que presupón a consecución duns principios ideolóxicos inmellorables por parte da humanidade.
-
s
-
s
f
Obra literaria que consiste nunha narración ou exposición histórica.
-
s
f
-
Conxunto dos acontecementos humanos ou de determinados acontecementos humanos, considerados na súa evolución.
-
Conxunto dos feitos desenvolvidos na existencia dunha persoa ou cousa, no desenvolvemento dun acontecemento ou feito.
-
-
s
f
Narración inventada.
-
s
f pl
Noticia falsa e inventada que se conta para prexudicar a algúen.
-
s
f
[HIST ]
Ciencia especializada en expoñer cronolóxica e incluso criticamente, cada un dos diversos ámbitos da realidade e actividades humanas no seu desenvolvemento ao longo dos tempos. OBS: Tamén se denomina historiografía.
-
historia clínica
[MED ]
Narración completa da experiencia do médico na súa relación técnica cun enfermo determinado.
-
historia natural
[BIOL/XEOL ]
Descrición da natureza, clasificada nos reinos mineral, vexetal e animal.
Sinónimos
Citas
- A historia da empresa é moi accidentada, A miña historia é longa de contar
- A historia de Carapuchiña Vermella, Sabe moitas historias de fantasmas
- Está lendo a historia de Ramón Villares
- Non me veñas con historias
- O progreso da humanidade no curso da historia, Un feito transcendental para a historia da civilización
- Sempre que chega tarde conta a mesma historia
Refranes
- Despois dos anos mil volven as augas ao carril.