fortaleza
fortaleza
occit fortalessa
-
s
f
Calidade de quen ten forza física ou moral.
-
s
f
[BÉL/CONSTR ]
Praza ou recinto fortificado.
Sinónimos
Antónimos
Confrontacións
baluarte, bastión, castelo, cidadela, enerxía, enteireza, fortificación, rixo, saúdeCitas
- A cidade de Lugo está construída dentro dunha fortaleza
- A fortaleza dos seus avós fixo que vivisen moitos anos
- Nestes momentos ten que enfrontarse á situación con moita fortaleza
- O meu can ten tanta fortaleza que cando xoga pode derrubarte
Refráns
- Ata a morte tente forte.
- Contra a morte non hai home forte.
- Forza, de mozos; e consello, de vellos.
- Ó varón forte non o arredan o tempo nin a morte.