saúde

saúde

lat salūte

Plural: saúdes
  1. s f [MED ]

    Estado en que o organismo presenta completo benestar físico, mental e social.

  2. s f

    Estado físico e psíquico en que se atopa unha persoa nun determinado momento.

  3. interx

    Emprégase cando se brinda pola saúde de alguén.

  4. interx

    Emprégase cando esbirra alguén.

Refráns

  • A home sano, culler de pau.
  • A moita saúde non é virtude.
  • A saúde é a riqueza dos pobres.
  • A saúde non e coñecida ata que é perdida.
  • Bo tesouro ten o que está de saúde ben.
  • Boa mexada, boa cor e tres figas ao doutor.
  • Cagar ben e mexar claro e cagallón para o "cirurxiano".
  • Cando bos estamos, dos enfermos non nos lembramos.
  • Cartas de ausentes son sinais de saúde.
  • Co que sana o fígado, enferma a bulsa.
  • Come forte, durme forte, caga forte e non teñas medo á morte.
  • Corpo que moito se cura pouco dura.
  • Dálle tres figas á morte, se mexas claro, cagas duro e peideas forte.
  • Deus, que dá o mal, dá o remedio para sanar.
  • En comendo moito e en mexando claro, non fagas caso do "cirurxiano".
  • En mexando claro, dálle unha figa ao médico e outra ao "cirurxiano".
  • Máis vale a saúde có diñeiro.
  • Mexa limpo, mexa claro e figa ao cirurxiano.
  • Moita parte da saúde e coñecer a enfermidade.
  • Mozo é o vello que está sano; e vello é o mozo que está escrequenado.
  • O mellor da saúde é cobizala.
  • O san ao doente en regra o mete.
  • Para pouca saúde vale máis ningunha.
  • Pes quentes, cabeza fría.
  • Saúde e alegría fermosura cría.
  • Se queres criarte gordo e san, a roupa do inverno pona no verán.
  • Se queres vivir san, anda abrigado, come pouco e durme en alto.
  • Se queres vivir san, faite vello cedo.
  • Tarde chega a vello o que de mozo vive como vello.
  • Tendo saúde e comendo ben, o traballo non mata a ninguén.
  • ¡Déanos Deus saúde: irémola andando!
  • ¡Deus nos dea saúde para ir vivindo!
  • ¡Haxa saúde e diñeiro, que non faltará humor e compañeiro!

Palabras veciñas

saudade saudador -ra saudar saúde saudita saúdo saudosismo