castelo

castelo

lat castellu ‘reducto fortificado’

Plural: castelos
  1. s m

    Edificio fortificado situado xeralmente no cume dun outeiro que domina unha poboación.

  2. s m

    Conxunto de elementos amontoados uns sobre os outros.

  3. s m [MAR ]

    Parte da cuberta principal ou superior dun buque comprendida entre o trinquete e a roda. OBS: Tamén se denomina castelo de proa.

  4. s m [XEOG ]

    Forma de relevo residual, xurdida por erosión diferencial, que suxire a mole dunha fortaleza.

Sinónimos

Frases feitas

  • Facer castelos no aire. Realizar proxectos sen fundamento.

  • Facer castelos de naipes. Ter demasiadas esperanzas sobre algo que se realizou con medios inadecuados.