formar

formar

lat formāre

  1. v t

    Facer ou dar forma a algo.

  2. v t

    Ser algo ou alguén parte ou elemento principal dun todo.

  3. v t

    Dar unha formación intelectual, moral ou profesional a alguén.

  4. v t [BÉL ]

    Dispoñer as tropas en formación segundo as regras tácticas. Tm v i.

  5. v i

    Adquirir alguén un certo grao de seriedade ou de responsabilidade.

  6. v pron

    Adquirir algo unha forma determinada a partir dunha materia ou de varios elementos.

  7. v pron

    Chegar a existir algo pola unión de persoas ou cousas.

  8. v pron

    Recibir alguén unha formación intelectual, moral ou profesional.

Sinónimos

Confrontacións

compoñer, compor, configurar, conformar, construír, educar

Citas

  • A súa estética formouse nas mellores escolas
  • As lecturas e as amizades formaron a súa ideoloxía
  • El e a súa muller forman unha das parellas máis consolidadas de Hollywood, Formou parte do xornal do instituto
  • En París formou o seu gusto pola arte
  • Formamos un poema só con tres frases, O neno formou un castelo na area
  • Formouse nos mellores colexios e universidades
  • Formouse unha idea equivocada
  • Formouse unha nova alianza entre eses dous partidos
  • Nesa academia forman bos profesionais
  • Non o deixan ir só á festa porque aínda non formou
  • O seu interese pola pintura formouse na súa estancia nese país
  • O seu pai formou un equipo de baloncesto con varios rapaces da clase, Formei unha colección de coches pequenos
  • Os recrutas formaron no patio
  • Xa se formou unha capa de xeo no frigorífico
Conxugar
VERBO formar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formo
formas
forma
formamos
formades
forman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formaba
formabas
formaba
formabamos
formabades
formaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formei
formaches
formou
formamos
formastes
formaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formara
formaras
formara
formaramos
formarades
formaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formarei
formarás
formará
formaremos
formaredes
formarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formaría
formarías
formaría
formariamos
formariades
formarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forme
formes
forme
formemos
formedes
formen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formase
formases
formase
formasemos
formasedes
formasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formar
formares
formar
formarmos
formardes
formaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
forma
-
-
formade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formar
formares
formar
formarmos
formardes
formaren
Xerundio formando
Participio formado
formada
formados
formadas