conformar

conformar

lat conformāre

  1. v t

    Dar unha forma determinada a algo ou a alguén.

  2. v t

    Conseguir que alguén estea conforme.

  3. v t
    1. Igualar ou facer coincidir unha cousa con outra.

    2. [ECON ]

      Dar a conformidade á recepción ou ao libramento dunha mercadoría.

  4. v pron

    Estar unha persoa conforme co que é ou co que ten.

Sinónimos

Citas

  • Conformeino con catro duros, Quería vir comigo, pero conformeino dicíndolle que o levaba ao cine máis tarde
  • Conformoulle o chaleco da voda para que lle acaese ben, A súa estadía no cárcere conformou o seu carácter
  • Non che é moi esixente, confórmase con pouca cousa
  • Non é doado conformar os vicios cos valores cristiáns
  • Nos últimos versos o poema conformouse de acordo cos parámetros vangardistas
Conxugar
VERBO conformar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformo
conformas
conforma
conformamos
conformades
conforman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformaba
conformabas
conformaba
conformabamos
conformabades
conformaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformei
conformaches
conformou
conformamos
conformastes
conformaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformara
conformaras
conformara
conformaramos
conformarades
conformaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformarei
conformarás
conformará
conformaremos
conformaredes
conformarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformaría
conformarías
conformaría
conformariamos
conformariades
conformarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conforme
conformes
conforme
conformemos
conformedes
conformen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformase
conformases
conformase
conformasemos
conformasedes
conformasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformar
conformares
conformar
conformarmos
conformardes
conformaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conforma
-
-
conformade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformar
conformares
conformar
conformarmos
conformardes
conformaren
Xerundio conformando
Participio conformado
conformada
conformados
conformadas