fondo -da
lat fundu
-
adx
Que ten profundidade.
-
adx
fig
Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.
-
s
m
Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.
-
s
m
Espazo que separa a parte máis alta da máis baixa dalgunha cousa.
-
s
m
Distancia que hai entre a parte anterior e posterior de algo.
-
s
m
Parte esencial ou fundamental de algo.
-
s
m
Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.
-
s
m
Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.
-
s
m
-
Cor uniforme sobre a que se destaca outra.
-
[ARTE ]
Campo dun soporte, ou o soporte mesmo, sobre o que se realiza unha pintura ou un debuxo.
-
[ARTE ]
Plano de cor sobre o que destacan os demais.
-
-
s
m
Conxunto de calidades morais dunha persoa.
-
s
m
-
Conxunto de obras publicadas por unha editorial.
-
Conxunto de elementos documentais que ingresan nun arquivo, biblioteca ou museo, procedentes dunha determinada orixe e que forman un corpo á parte, dentro dun conxunto superior.
-
-
-
s
Rexión dun órgano que se sitúa na parte máis interna ou máis afastada da súa entrada, no caso dunha estrutura oca.
-
fondo do estómago
Parte do estómago onde está o cardia.
-
fondo do ollo
Parte central da retina.
-
fondo do útero
Parte superior do útero.
-
s
-
-
s
Capacidade de resistencia física dun deportista no exercicio da súa especialidade.
-
probas de fondo
Probas deportivas, especialmente carreiras, que se practican sobre longas distancias.
-
s
-
s
m
-
Escenario sobre o que se organiza a representación do asunto nunha composición pictórica.
-
Derradeiro plano dunha representación.
-
-
s
m
[MAR ]
Parte dunha embarcación que queda debaixo da auga.
-
-
s
Capital do que pode dispoñer unha persoa física ou xurídica.
-
s
Cantidade de diñeiro reunida para realizar determinadas actividades económicas.
-
fondos de amortización
Parte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina á amortización do capital fixo.
-
fondos de comercio
alores que se atribúen aos activos inmateriais dun establecemento comercial, como a situación, a clientela ou a reputación, e que se engaden ao valor dos activos materiais á hora da valoración do establecemento.
-
fondos de investimento
Institucións de investimento colectivo con personalidade xurídica propia que teñen por obxecto a propiedade compartida de activos con fins lucrativos.
-
fondos de pensións
Patrimonio acumulado por un conxunto de persoas coa finalidade de pagar prestacións aos seus participantes cando se xubilen na forma, cantidade e periodicidade que previamente teñan establecido.
-
fondos de reserva
Parte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina a gastos específicos, como novos investimentos e previsión de impostos.
-
fondos públicos
Títulos ou efectos da débeda pública emitidos polo Estado ou por outra entidade de carácter público, que son negociados en bolsa.
-
fondos reservados
Diñeiro do que dispoñen algunhas instancias das administracións públicas para gastos non xustificados.
-
s
-
s
m pl
Parte exterior e inferior dun vehículo.
-
s
m pl
Parte ou bordo inferior dunha peza de roupa.
-
fondo mariño
[XEOG ]
Superficie sólida, cunha profundidade superior aos 2.000 m, sobre a que está ou circula a auga do mar.
Sinónimos
Antónimos
Confrontacións
profundidadeCitas
- A mala xestión deixou a empresa sen fondos
- A película ten como fondo a marxinación social
- As piscina ten un fondo de dous metros
- Caeu ao fondo do río
- Comprou un vestido con flores verdes sobre fondo amarelo
- Esfiañou os pantalóns polos fondos
- Fixeron un pozo moi fondo
- Hai que ir ao fondo da cuestión
- No fondo é boa persoa
- O arroz pegouse no fondo da ola, Había un furado no fondo do saco polo que caía o gran
- O coche ten os fondos oxidados
- O fondo do viño non serve para beber
- O moble ten sesenta centímetros de fondo, A casa ten moito fondo
- O piano está ao fondo da sala
- O vento arrincou a árbore malia ter as raíces moi fondas, Tiña un corte moi fondo
- Puxeron un fondo para a compra do regalo
- Tiña un fondo pesar pola morte de tantas persoas
Frases feitas
-
A fondo loc adv De forma exhustiva.
-
A fondo perdido. Sen esperanza de recuperalo.
-
No fondo. No esencial.
-
Non ter fondo. Non acabar nunca.
-
Ser un saco sen fondo. Non se dar saciado nunca. Ex: Comendo e bebendo
-
Varrer os fondos. Acabar coa pesca dun lugar.