profundidade

profundidade

lat profundĭtāte

Plural: profundidades
  1. s f

    Calidade de profundo.

  2. s f

    Parte fonda de algo.

  3. s f

    Distancia que hai desde un punto ou unha superficie ata o extremo oposto.

  4. s f

    Distancia que hai entre a parte anterior e posterior de algo.

  5. profundidade de campo [FÍS ]

    Distancia que define os límites dunha rexión do espazo tal que todos os obxectos que estean situados nela poidan ser enfocados simultaneamente por un aparato fotográfico.

Sinónimos