forma

forma

lat forma

Plural: formas
  1. s f

    Aparencia exterior de algo.

  2. s f

    Cada unha das diferentes realizacións coas que se pode presentar algo.

  3. s
    1. Cada unha das diferentes posibilidades de ser, actuar ou facer algo.

    2. Maneira de comportarse segundo as convencións sociais.

  4. s f

    Condición física ou mental dunha persoa, especialmente cando é favorable.

  5. s f
    1. [TECNOL ]

      Molde cunha figura e dimensións determinadas en que se introduce unha materia que adquire o seu aspecto e tamaño.

    2. Peza de madeira, con forma de pé, para fabricar e reparar o calzado.

    3. [GRÁF ]

      Molde que está disposto para facer a tiraxe.

    1. s

      Requisito externo do acto xurídico.

    2. s

      Conxunto de cuestións procesuais, en contraposición ao fondo dun preito ou causa.

    3. forma de Estado

      Tipo de relacións xerais que existen entre os órganos superiores do Estado e os cidadáns, aínda que se exclúen as laborais, persoais, financeiras e tributarias.

    4. forma de goberno

      Sistema que regula xuridicamente a composición, organización, funcionamento e funcións dos órganos superiores do Estado e as súas relacións.

  6. s f [FILOS ]

    Constitución visible dun corpo.

    1. s

      Sistema de regras con que a lingua organiza a substancia lingüística, á que se opón como tal.

    2. forma da expresión

      Cada unha das formas que recibe un son nas diversas linguas.

    3. forma do contido

      Orde gramatical característica de cada lingua en que se presenta un significado.

    4. forma fonética

      Combinación de fonemas, susceptible de ser pronunciada e cun significado determinado.

    5. forma gramatical

      Forma táctica dotada de significado.

    6. forma intensiva

      Forma que reforza o significado dunha palabra.

    7. forma libre

      Forma lingüística que se pode pronunciar sen estar unida a outra forma.

    8. forma lingüística

      Forma fonética dotada de significación.

    9. forma trabada

      Forma lingüística que só se pode pronunciar se está unida a outra forma.

    1. s

      Conxunto de palabras que se deben pronunciar para validar un sacramento.

    2. sagrada forma

      Hostia para consagrar que se emprega no sacramento da eucaristía.

  7. s f [BIOL ]

    Conxunto de individuos dunha mesma especie que presentan unha serie de características comúns entre eles e distintas das do resto de individuos da mesma especie.

  8. s f [MAT ]

    Aplicación f dun espazo vectorial E de n dimensións no corpo K de escalares onde está definido e que xeralmente é o corpo dos números reais ou dos números complexos. Dise que f é unha forma lineal se, para x e y de E e λ de K, f satisfai f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)=λf(x).

  9. s f [PSIC ]

    Conxunto significativo das relacións entre os estímulos e as respostas.

  10. factor de forma [FÍS ]

    Relación que se establece entre o valor eficaz e o valor medio dunha corrente alterna.

  11. forma biolóxica/ecolóxica [BOT/ECOL ]

    Grupo de plantas con características morfolóxicas comúns para adaptarse ao medio.

  12. forma farmacéutica [MED ]

    ariedade en que se presenta un medicamento para que o enfermo teña máis fácil a súa administración.

  13. forma fundamental [QUÍM ]

    Forma cristalina dun sistema da que derivan todas as formas simples posibles.

  14. forma musical [MÚS ]

    Modo en que está organizada unha idea musical a través dun sistema que permite comprender a obra na súa totalidade.

  15. recoñecemento das formas [INFORM ]

    Conxunto de técnicas orientadas a identificar contornos, formas ou configuracións utilizando dispositivos que permiten organizar a información recibida a través da busca, selección e comparación con outras formas.

Sinónimos

Confrontacións

figura

Citas

  • Con durmir unha noite enteira recuperarei a forma para poder estudiar outra vez
  • É moi groseiro, non coida as formas na mesa
  • Ese debuxo ten forma triangular
  • Está en boa forma para a carreira
  • Este vestido márcame moito as formas
  • Estes zapatos quédanme pequenos, levareinos á forma
  • Non me gusta a forma que ten de dicir as cousas
  • Ten unha forma de plástico para facer figuras de escaiola
  • Tes que usar a segunda forma do artigo, Podo elixir varias formas de pago para comprar o televisor

Frases feitas

  • De forma que loc conx De xeito ou maneira que. Ex: Eu non lle dixen nada, de forma que non sei porque se enfadou.

  • Dunha forma ou doutra loc adv Indica que, a pesar dalgunha cousa, algo ocorrer

  • 2 Gardar as aparencias. Ex: L

  • En forma. Estar en boa disposici

  • Gardar as formas 1 Comportarse de xeito correcto.

Palabras veciñas

forfait* foria form- forma formábel formable formación