fondo -da

fondo -da

lat fundu

Plural: fondos Masculino: fondo Masculino plural: fondos Feminino: fonda Feminino plural: fondas
  1. adx

    Que ten profundidade.

  2. adx fig

    Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.

  3. s m

    Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.

  4. s m

    Espazo que separa a parte máis alta da máis baixa dalgunha cousa.

  5. s m

    Distancia que hai entre a parte anterior e posterior de algo.

  6. s m

    Parte esencial ou fundamental de algo.

  7. s m

    Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.

  8. s m

    Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.

  9. s m
    1. Cor uniforme sobre a que se destaca outra.

    2. [ARTE ]

      Campo dun soporte, ou o soporte mesmo, sobre o que se realiza unha pintura ou un debuxo.

    3. [ARTE ]

      Plano de cor sobre o que destacan os demais.

  10. s m

    Conxunto de calidades morais dunha persoa.

  11. s m
    1. Conxunto de obras publicadas por unha editorial.

    2. Conxunto de elementos documentais que ingresan nun arquivo, biblioteca ou museo, procedentes dunha determinada orixe e que forman un corpo á parte, dentro dun conxunto superior.

    1. s

      Rexión dun órgano que se sitúa na parte máis interna ou máis afastada da súa entrada, no caso dunha estrutura oca.

    2. fondo do estómago

      Parte do estómago onde está o cardia.

    3. fondo do ollo

      Parte central da retina.

    4. fondo do útero

      Parte superior do útero.

    1. s

      Capacidade de resistencia física dun deportista no exercicio da súa especialidade.

    2. probas de fondo

      Probas deportivas, especialmente carreiras, que se practican sobre longas distancias.

  12. s m
    1. Escenario sobre o que se organiza a representación do asunto nunha composición pictórica.

    2. Derradeiro plano dunha representación.

  13. s m [MAR ]

    Parte dunha embarcación que queda debaixo da auga.

    1. s

      Capital do que pode dispoñer unha persoa física ou xurídica.

    2. s

      Cantidade de diñeiro reunida para realizar determinadas actividades económicas.

    3. fondos de amortización

      Parte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina á amortización do capital fixo.

    4. fondos de comercio

      alores que se atribúen aos activos inmateriais dun establecemento comercial, como a situación, a clientela ou a reputación, e que se engaden ao valor dos activos materiais á hora da valoración do establecemento.

    5. fondos de investimento

      Institucións de investimento colectivo con personalidade xurídica propia que teñen por obxecto a propiedade compartida de activos con fins lucrativos.

    6. fondos de pensións

      Patrimonio acumulado por un conxunto de persoas coa finalidade de pagar prestacións aos seus participantes cando se xubilen na forma, cantidade e periodicidade que previamente teñan establecido.

    7. fondos de reserva

      Parte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina a gastos específicos, como novos investimentos e previsión de impostos.

    8. fondos públicos

      Títulos ou efectos da débeda pública emitidos polo Estado ou por outra entidade de carácter público, que son negociados en bolsa.

    9. fondos reservados

      Diñeiro do que dispoñen algunhas instancias das administracións públicas para gastos non xustificados.

  14. s m pl

    Parte exterior e inferior dun vehículo.

  15. s m pl

    Parte ou bordo inferior dunha peza de roupa.

  16. fondo mariño [XEOG ]

    Superficie sólida, cunha profundidade superior aos 2.000 m, sobre a que está ou circula a auga do mar.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

profundidade

Citas

  • A mala xestión deixou a empresa sen fondos
  • A película ten como fondo a marxinación social
  • As piscina ten un fondo de dous metros
  • Caeu ao fondo do río
  • Comprou un vestido con flores verdes sobre fondo amarelo
  • Esfiañou os pantalóns polos fondos
  • Fixeron un pozo moi fondo
  • Hai que ir ao fondo da cuestión
  • No fondo é boa persoa
  • O arroz pegouse no fondo da ola, Había un furado no fondo do saco polo que caía o gran
  • O coche ten os fondos oxidados
  • O fondo do viño non serve para beber
  • O moble ten sesenta centímetros de fondo, A casa ten moito fondo
  • O piano está ao fondo da sala
  • O vento arrincou a árbore malia ter as raíces moi fondas, Tiña un corte moi fondo
  • Puxeron un fondo para a compra do regalo
  • Tiña un fondo pesar pola morte de tantas persoas

Frases hechas

  • A fondo loc adv De forma exhustiva.

  • A fondo perdido. Sen esperanza de recuperalo.

  • No fondo. No esencial.

  • Non ter fondo. Non acabar nunca.

  • Ser un saco sen fondo. Non se dar saciado nunca. Ex: Comendo e bebendo

  • Varrer os fondos. Acabar coa pesca dun lugar.

Palabras vecinas

fondelo fondista fondista fondo -da fondón fonducho fondura