alianza

alianza

aliar

Plural: alianzas
  1. s f

    Acción e efecto de aliar ou aliarse dous ou máis pobos, organizacións, persoas ou cousas.

  2. s f

    Conexión ou parentesco contraído por matrimonio.

  3. s f

    Anel de casamento.

  4. s f [BOT ]

    Grupo de asociacións vexetais relacionadas por un número significativo de especies comúns.

  5. s f [DER ]

    Forma de cooperación estreita entre estados, materializada nun acordo ou tratado político ou militar.

  6. s f
    1. Pacto ou unión entre nacións ou entidades cun determinado fin, regulado polo dereito internacional.

    2. Acordo entre diversos partidos políticos a nivel electoral ou parlamentario para formar un goberno de coalición.

  7. s f [RELIX ]

    Pacto de unión entre Deus e o pobo de Israel na tradición bíblica.

  8. s f [XEOL ]

    Agrupación de solos segundo a natureza química da parte mineral do filtro do solo.

  9. alianza de linguas [LING ]

    Grupo de linguas que presentan semellanzas importantes na súa estrutura sintáctica, morfolóxica e fonolóxica.

Sinónimos

Citas

  • A alianza da forza coa xustiza
  • A alianza que asinaron onte en Xenebra é fundamental para Europa
  • Os noivos nerviosos colocáronse as alianzas que lles dera o padriño
  • Un dos xeitos de selar a alianza matrimonial é casar polo xulgado