liga

liga

ligar

Plural: ligas
  1. s f

    Fita elástica con que se suxeitan á perna as medias ou os calcetíns.

  2. s f
    1. Acordo temporal, político ou económico, entre dous ou máis estados ou soberanos, que entran en alianza ou federación para conseguir un fin común.

    2. Asociación para facer triunfar certos principios políticos, relixiosos ou sociais.

  3. s f [DEP ]

    Competición deportiva na que os equipos que están inscritos na mesma categoría xogan uns contra outros.

  4. s f [NUMIS ]

    Cantidade dun metal, especialmente cobre, que se mestura con outros metais, como o ouro ou a prata, para fabricar moedas ou xoias.

Sinónimos