aliaxe
lat ligatiōne
-
-
s
Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de metais e combinacións de metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas.
-
aliaxe antifricción
antifricción.
-
aliaxe dura
Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, matrices e pezas que requiren gran resistencia á abrasión.
-
aliaxe eutéctica
Aliaxe formada por un eutéctico.
-
aliaxe férrica
Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro.
-
aliaxe fusible
Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes.
-
aliaxe lixeira
Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio, o magnesio ou o titanio.
-
aliaxe non férrica
Aliaxe que non contén ferro ou onde non é ningún compoñente principal.
-
aliaxe pesada
Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio.
-
aliaxe refractaria
Aliaxe que pode ser utilizada a temperaturas elevadas (da orde dos 900°C ou máis).
-
s
-
aliaxe de polímeros
[QUÍM/IND ]
Determinadas mesturas de polímeros de propiedades moi variadas.