alias

alias

lat alĭas ‘outra vez’ acus f pl de alius ‘outro’

Plural: aliases
  1. s m

    Alcume ou segundo nome polo que é coñecida unha persoa.

  2. s m
    1. Denominación alternativa para aplicacións, enderezos da Internet ou identificacións.

    2. Icona que serve de atallo para acceder directamente a unha aplicación.

Confrontacións

sobrenome

Citas

  • A Rommel puxéronlle o alias de Zorro do deserto na Segunda Guerra Mundial
  • Xosé Manuel, alias o Señorito, ten un chalé precioso nas aforas da cidade

Palabras veciñas

aliadófilo -la alianza aliar alias aliaxe alíbel alible