doador -ra

doador -ra
Plural: doadores Masculino: doador Masculino plural: doadores Feminino: doadora Feminino plural: doadoras
  1. adx

    Que doa algo. Tm s.

    1. adx

      Que doa sangue ou órganos do seu corpo para que lle sexan transfundidos ou transplantados a outra persoa. Tm s.

    2. doador universal [MED ]

      Individuo de sangue compatible coa do resto da poboación, 0 negativo, polo que pode ser transfundido a calquera receptor.

  2. s [ARTE ]

    Persoa que corría cos gastos dunha obra de arte ou arquitectónica, normalmente de carácter relixioso, e en que adoitaba aparecer a súa imaxe.

  3. s m [FÍS ]

    Átomo que, nun semicondutor, está contido como impureza ou incorporado intencionadamente a un elemento capaz de doar un electrón.

  4. s m [QUÍM ]

    Substancia que, nas reaccións químicas heterolíticas, proporciona electróns.

Formas incorrectas

donante

Palabras veciñas

doa doado -da doador -ra doante doar doazón