doador -ra
doador -ra
Plural:
doadores
Masculino:
doador
Masculino plural:
doadores
Feminino:
doadora
Feminino plural:
doadoras
-
adx
Que doa algo. Tm s.
-
-
adx
Que doa sangue ou órganos do seu corpo para que lle sexan transfundidos ou transplantados a outra persoa. Tm s.
-
doador universal
[MED ]
Individuo de sangue compatible coa do resto da poboación, 0 negativo, polo que pode ser transfundido a calquera receptor.
-
adx
-
s
[ARTE ]
Persoa que corría cos gastos dunha obra de arte ou arquitectónica, normalmente de carácter relixioso, e en que adoitaba aparecer a súa imaxe.
-
s
m
[FÍS ]
Átomo que, nun semicondutor, está contido como impureza ou incorporado intencionadamente a un elemento capaz de doar un electrón.
-
s
m
[QUÍM ]
Substancia que, nas reaccións químicas heterolíticas, proporciona electróns.