doazón

doazón

lat donatĭōne

Plural: doazóns
  1. s f

    Acción de doar.

  2. s f

    Cousa que se doa ou que se cede desinteresadamente.

    1. s

      Dación gratuíta polo que unha persoa, o doador, dispón gratuitamente dunha cousa en favor doutra, o donatario.

    2. doazón esponsalicia

      Obsequio que fan os prometidos en consideración ao seu matrimonio e agasallo que cada un dos prometidos lle dá ao  outro.

    3. doazón por causa de morte

      Liberalidade que se fai a título singular, nun acto entre vivos, que non produce efecto definitivo ata despois da morte do doador.

  3. s f [HIST ]

    Fórmula que se emprega nos reinos de León e Castela desde o s XIII polo rei e polos magnates, que consistía en facer concesións territoriais para retribuír os servizos dos vasalos.

Sinónimos

Confrontacións

dádiva, regalo

Citas

  • O terreo para facer as piscinas foi unha doazón dos veciños
  • Pensa facer doazón dos seus libros á biblioteca municipal

Formas incorrectas

donación

Palabras veciñas

doador -ra doante doar doazón dobadoira dobermann* dobra