despacho

despacho

despachar

Plural: despachos
  1. s m

    Acción e efecto de despachar.

  2. s m

    Cuarto destinado ao estudo ou ao traballo.

  3. s m

    Lugar en que se vende algo.

  4. s m

    Comunicación transmitida por unha vía rápida.

  5. s m
    1. Comunicación escrita oficial entre o goberno dun Estado e os seus representantes diplomáticos no estranxeiro.

    2. Comunicación escrita que empregan os tribunais e xulgados para comunicarse entre si ou para dirixirse a outros organismos.

  6. despacho de aduanas [DER ]

    Conxunto de trámites burocráticos seguidos pola administración aduaneira para dar curso ás importacións ou ás exportacións de mercadorías e para materializar o dereito á percepción de dereitos arancelarios.

Confrontacións

conclusión, estudio, remate, resolución

Citas

  • Eses avogados comparten despacho
  • O xefe do goberno enviou un despacho á embaixada de España en Francia
  • Onte mandeille o despacho dende o telefax
  • Pecharon o despacho das entradas dez minutos antes da súa hora, No centro comercial abriron un despacho de productos medicinais
  • Rematou o despacho dos asuntos pendentes antes das vacacións

Frases feitas

  • Correr os despachos. Darlles curso sen retardalos.

  • Ter bo despacho. Ser moi h

  • Ter moito despacho. Vender moito un comerciante, ter moitos clientes.