remate

remate

rematar

Plural: remates
  1. s m

    Acción de rematar.

  2. s m

    Parte final ou extremo dunha cousa.

  3. s m

    Parte máis elevada con que se remata algo.

  4. s m

    Acción e efecto de asegurar ben a última puntada dun tecido.

  5. s m

    Peza que se pon como adorno ou como reforzo no bordo dun tecido.

  6. s m [DEP ]

    Tiro directo á portaría que se fai ao aproveitar o pase dun compañeiro.

  7. s m [RELIX ]

    Último dos tres toques da campá que anuncia a misa maior e que adoita acabar cun repenico rápido. 

Frases feitas

  • A remates de. Arredor da fin (dunha porci

  • De remate. Por completo.

Refráns

  • Ata que acabes non te gabes.
  • Labor feito nada pide ao por facer.
  • Labor feito nada pide.
  • Ninguén correu que non parase.
  • O mal é acabarse o ben.
  • Obra feita non espera.
  • Obra feita venda agarda.
  • Quen fixo o cesto, que lle faga o aro/que lle poña o aro.