conclusión

conclusión

lat conclusiōne

Plural: conclusións
  1. s f

    Acción e efecto de concluír ou concluírse.

  2. s f

    Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.

  3. s f [DER ]

    Afirmación numerada que realizan as partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses.

  4. s f [FILOS ]

    Proposición que se deduce doutras proposicións.

  5. s f [MÚS ]

    Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A conclusión do expediente foi desfavorable, A conclusión das vacacións é traumática para moita xente
  • Aínda que falaron sobre o tema non chegaron a ningunha conclusión
  • Ó final da exposición fixo unha serie de conclusións sobre o tema que tratara