resolución

resolución

lat resolutiōne

Plural: resolucións
  1. s f

    Acción e efecto de resolver ou resolverse.

    1. s

      Decisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.

    2. resolución ordinaria

      Acto ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.

    3. resolución xudicial

      Determinación tomada polos tribunais de xustiza.

  2. s f

    Calidade da persoa que se amosa decidida e que actúa con seguridade.

  3. s f [MAT ]

    Procedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.

  4. s f [INFORM/TECNOL ]

    Capacidade dun dispositivo visualizador para representar puntos distintos das dimensións máis reducidas posibles.

  5. poder/límite de resolución [FÍS ]

    Distancia mínima entre dous puntos, ou ángulo mínimo entre dous raios que entran nun sistema óptico dado, tales que as imaxes producidas por cada un deles se distinguen unha da outra.

Sinónimos