descenso

descenso

lat descensu

Plural: descensos
  1. s m
    1. Acción de descender.

    2. Lugar polo que se descende.

  2. s m [DEP ]

    Proba olímpica de esquí alpino que consiste en cubrir un percorrido de 3 km cun desnivel variable.

  3. s m [DEP ]

    Incorporación dun equipo a unha categoría inferior con respecto á que competía na tempada anterior.

  4. descenso crioscópico [QUÍM ]

    Descenso que experimenta o punto de conxelación dunha disolución respecto ao do disolvente puro, debido á presenza de soluto. É directamente proporcional á concentración molal de soluto.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Durante o descenso o ciclista sufriu unha caída, O descenso da natalidade é moi normal nos nosos días, As temperaturas sufriron un forte descenso pola noite
  • O descenso que leva ata o val atravesa unha densa carballeira