descenso
descenso
lat descensu
-
s
m
-
Acción de descender.
-
Lugar polo que se descende.
-
-
s
m
[DEP ]
Proba olímpica de esquí alpino que consiste en cubrir un percorrido de 3 km cun desnivel variable.
-
s
m
[DEP ]
Incorporación dun equipo a unha categoría inferior con respecto á que competía na tempada anterior.
-
descenso crioscópico
[QUÍM ]
Descenso que experimenta o punto de conxelación dunha disolución respecto ao do disolvente puro, debido á presenza de soluto. É directamente proporcional á concentración molal de soluto.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- Durante o descenso o ciclista sufriu unha caída, O descenso da natalidade é moi normal nos nosos días, As temperaturas sufriron un forte descenso pola noite
- O descenso que leva ata o val atravesa unha densa carballeira