descendencia

descendencia

lat descendentĭa

Plural: descendencias
  1. s f

    Feito de descender un ser vivo doutro.

  2. s f

    Conxunto de membros que proveñen dun único individuo.

  3. s f [ETN ]

    Organización familiar, por grupos de parentes, pola que se establece unha serie de dereitos e obrigas en función da súa adscrición a un grupo, formado polos seus parentes ou por unha parte destes.

  4. proba de descendencia [XEN ]

    Método que utiliza o estudo da descendencia dun proxenitor para coñecer o seu valor xenético.

  5. teoría da descendencia [BIOL ]

    Fundamento da bioloxía que, baseándose na mutabilidade das especies, proclama que as formas máis sinxelas deron lugar ás máis complexas.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

casta, caste, estirpe, liñaxe

Citas

  • A avoa fixo unha festa con toda a súa descendencia, Pouco despois de casar xa tiveron descendencia