descargar

descargar

lat discarricāre

  1. v t
    1. Quitar a algo ou alguén a carga que leva. Tm abs.

    2. Quitar unha carga de algo. Tm abs.

  2. v t

    Producir choiva, neve, pedrazo ou raios, as nubes ou unha tormenta. Tm abs.

  3. v t
    1. Disparar unha arma de fogo.

    2. Quitar a carga a unha arma de fogo.

  4. v t

    Facer perder a carga eléctrica a un acumulador, a unha liña ou a unha instalación.

  5. v t [INFORM ]

    Copiar nun ordenador un programa ou documento publicado en Internet.

  6. v pron

    Perder a carga un dispositivo eléctrico.

Antónimos

Confrontacións

golpear, pegar, petar

Citas

  • A confesión do pecado descargou a súa conciencia, Descargárono das acusacións que había contra el
  • Adoita descargar o seu mal xenio no primeiro que atopa
  • As nubes descargaron litros de auga todo o día, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, A tormenta descargou cando chegou ás montañas
  • Coa rabia que tiña descargoulle na faciana unha forte labazada, Expulsaron o xogador por lle descargar unha patada nas canelas ao árbitro
  • Descarga o traballo máis ingrato sobre os seus subalternos
  • Descargaron o camión que levaba os amorodos, Descargaron o burro antes de que chegase, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Os estibadores descargaron de mañá cedo
  • Descargaron os mobles do furgón coa súa axuda, Descargade os coches do transbordador, Aínda non descargou os feixes de feo do burro, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Descargaron tan rápido que puideron facer dúas viaxes no día
  • Descargou a escopeta antes de a gardar
  • Descargou o fusil sen conseguir darlle ao cervo
  • Descargou o saco de fariña no pousadoiro
  • Mentres viviu connosco descargoume de coidar dos nenos
Conxugar
VERBO descargar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargo
descargas
descarga
descargamos
descargades
descargan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargaba
descargabas
descargaba
descargabamos
descargabades
descargaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descarguei
descargaches
descargou
descargamos
descargastes
descargaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargara
descargaras
descargara
descargaramos
descargarades
descargaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargarei
descargarás
descargará
descargaremos
descargaredes
descargarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargaría
descargarías
descargaría
descargariamos
descargariades
descargarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargue
descargues
descargue
descarguemos
descarguedes
descarguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargase
descargases
descargase
descargasemos
descargasedes
descargasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargar
descargares
descargar
descargarmos
descargardes
descargaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
descarga
-
-
descargade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descargar
descargares
descargar
descargarmos
descargardes
descargaren
Xerundio descargando
Participio descargado
descargada
descargados
descargadas