descarga
descargar
-
s
f
Acción de descargar ou descargarse.
-
s
f
[BÉL ]
Conxunto de disparos simultáneos de varias armas de fogo.
-
-
s
Paso brusco de electricidade entre dous corpos de distinto potencial.
-
s
Conversión da enerxía química que se almacena nunha pila en enerxía eléctrica.
-
s
Liberación da carga eléctrica dun condensador nun circuíto externo.
-
s
Paso de portadores de carga a través dun gas de baixa presión nun tubo de descarga.
-
descarga luminosa
Descarga eléctrica que atravesa un gas a baixa presión e fai que este se volva luminoso.
-
descarga puntual
Descarga que se produce en puntos agudos, onde a densidade de carga superficial é alta.
-
s
-
s
f
[CONSTR/ARQUIT ]
Peso e forzas exercidas por un corpo ou estrutura arquitectónica, que se trasmiten a outro para alixeirar o primeiro.
-
s
f
[XEOL ]
Perda de carga por erosión dos materiais supraadxacentes. É moi importante nos fenómenos de meteorización física.
-
corrente de descarga
[XEOG ]
Corrente mariña secundaria provocada por diferenzas de densidade e temperatura de dúas masas de auga.
Antónimos
Citas
- As operacións de carga e descarga no peirao efectuáronse de madrugada
- Os mortos amoreábanse por centos trala descarga da artillería