cargar

cargar

lat v carricāre lat carru ‘carro’

  1. v t
    1. Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.

    2. Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.

  2. v t
    1. Introducir nun instrumento unha carga para que funcione.

    2. [BÉL ]

      Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.

    3. [IMAX ]

      Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.

    4. [INFORM ]

      Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.

    5. [QUÍM/IND ]

      Incorporar a un produto unha materia de carga.

    6. [TECNOL ]

      Subministrar electricidade a un condensador.

  3. v t

    Facer que alguén soporte un peso, unha responsabilidade, un castigo ou unha obriga.

  4. v t
    1. Anotar un gasto no débito dunha conta.

    2. Engadir unha cantidade de diñeiro ao prezo dun produto.

  5. v t [MAR ]

    Cerrar ou recoller as velas.

  6. v t  

    Suspender un exame. Tm

  7. v i

    Aguantar ou transportar un peso ou unha carga.

  8. v i

    Asumir o peso dunha responsabilidade, unha obriga ou unha culpa.

  9. v i

    Apoiarse sobre algo ou alguén para que ocupe menos espazo ou se desprace do lugar que ocupa.

  10. v i

    Facer presión sobre algo.

  11. v i

    Chover de forma abundante.

  12. v i

    Dar unha árbore froito abundante.

  13. v i [BÉL ]

    Emprender un ataque ou carga, acometer contra o inimigo ou contra unha multitude.

Antónimos

Citas

  • A bóveda carga sobre os arcos
  • A cabalería cargou sobre o flanco dereito
  • A policía cargou contra os manifestantes
  • As palabras agudas cargan sempre na última sílaba, Era francés e ao falar cargaba no erre
  • As paredes cargan con todo o peso do edificio
  • Cargaches tanto o guiso de especias que me ardeu a gorxa toda a noite
  • Cárgalle ao interruptor para ter luz, Carga ben a roupa para que caiba ben no caixón
  • Cárgame a pluma estilográfica de tinta
  • Cargamos os acios en canastras para subilos ao tractor
  • Cargoume a min o traballo del e logo atribuíuse o mérito
  • Carguei o teléfono móbil durante a noite e xa non funciona
  • Co fume dos puros cargouse o ambiente, Ponme un combinado e cárgao ben de ron
  • Colle este disquete e carga o programa de contabilidade
  • De repente cargouse o ceo e parecía noite
  • Deixa que xa cargo eu con esta caixa
  • É unha pena que casara tan nova e se cargase de fillos
  • En xuño carguei catro materias, Neste exame cargou case toda a clase
  • Entre os dous cargaron o camión nun momento
  • Este ano cargaron máis os pexegueiros có pasado
  • Eu cárgoche o tres para que ganes, Cárgalle, que a baza vai nosa
  • Hoxe o vento cargou moito por Vigo
  • Leva a cámara a revelar e que cha carguen cun carrete novo
  • O carro carga á dereita, Cargou o nordés cara ao peirao
  • O defensa cargou sobre o dianteiro para evitar o gol
  • Os recibos do teléfono cárganmos directamente na conta
  • Polo día non choveu, pero ao chegar a noite cargou con forza
  • Se cargas a escopeta, ponlle o seguro
  • Se che levan os mobles á casa, cárganche os gastos de transporte
  • Sempre carga coas culpas dos demais

Frases feitas

  • Cargar a man. 1 Reprimir a algu

  • Cargar ben a man. Tirar proveito ou abusar de algu

  • Cargar de alga. Encherse de algas os aparellos de pesca a causa do mal tempo.

  • Cargar o carro. 1 Beber demasiado. 2 Deixar embarazada a unha muller.

Conxugar
VERBO cargar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargo
cargas
carga
cargamos
cargades
cargan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargaba
cargabas
cargaba
cargabamos
cargabades
cargaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
carguei
cargaches
cargou
cargamos
cargastes
cargaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargara
cargaras
cargara
cargaramos
cargarades
cargaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargarei
cargarás
cargará
cargaremos
cargaredes
cargarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargaría
cargarías
cargaría
cargariamos
cargariades
cargarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargue
cargues
cargue
carguemos
carguedes
carguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargase
cargases
cargase
cargasemos
cargasedes
cargasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargar
cargares
cargar
cargarmos
cargardes
cargaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
carga
-
-
cargade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cargar
cargares
cargar
cargarmos
cargardes
cargaren
Xerundio cargando
Participio cargado
cargada
cargados
cargadas