descargo

descargo

descargar

Plural: descargos
  1. s m

    Acción e efecto de descargar.

  2. s m [DER ]

    Acción e efecto de contradicir unha acusación para demostrar a propia inocencia.

  3. escrito/prego de descargo [ADM ]

    Escrito que efectúa un inculpado como resposta ao prego de cargo dun expediente administrativo sancionador, rexeitando as acusacións vertidas e achegando argumentos que amosen a súa inocencia.

  4. testemuña de descargo [DER ]

    Persoa que declara a prol do acusado.

Citas

  • Confésao todo, aínda que só sexa por descargo da túa conciencia
  • En descargo seu dixo que se arrepentira do crime