cruz

cruz

lat crŭx crŭcis

Plural: cruces
  1. s f

    Sinal formada por dous trazos que se cruzan perpendicularmente e que se emprega con distintos valores.

    1. s [HIST ]

      Instrumento de suplicio formado por un pau vertical e un traveseiro horizontal onde morrían os criminais atados ou cravados polas súas extremidades.

    2. s [ARTE ]

      Monumento, obxecto artístico ou figuración plástica que representa a cruz de Cristo.

    3. cruz de altar [RELIX/ARTE ]

      Cruz de tamaño pequeno que se asenta sobre un pé de variadas formas para apoiala sobre o altar.

    4. cruz peitoral

      Cruz que levan os bispos sobre o peito, como sinal da súa autoridade.

    5. cruz procesional [RELIX/ARTE ]

      Cruz que ten a función de abrir a marcha nas procesións.

  2. s f [NUMIS ]

    Reverso dunha moeda.

  3. s f

    Padecemento moral ou físico que é causa de sufrimento para alguén durante moito tempo.

  4. sinal da cruz [RELIX ]

    Xesto en forma de cruz que se fai sobre un mesmo ou sobre outra persoa.

  5. cruz dos cadrís [ANAT ]

    Parte do lombo en que os ósos das extremidades inferiores se cruzan coa columna vertebral.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Fixo o sinal da cruz ao entrar na igrexa
  • Mandoume facer unha cruz nos sacos que levaban fariña de millo
  • ¡Teño unha boa cruz coa sogra que me tocou!

Frases feitas

  • Facer(se) cruces. Quedar abraiado por algo.

  • Pasar a cruz de ferro. Ser experimentado nalgunha cousa.