sorte

sorte

lat sŏrte

Plural: sortes
  1. s f

    Encadeamento fortuíto de sucesos que fai que todo se desenvolva dunha determinada maneira.

  2. s f

    Tipo, clase ou xénero dalgunha cousa.

  3. s f

    Cada unha das parcelas dun terreo comunal que, por sorteo, lle toca a cada veciño.

  4. s f pl

    Os doce primeiros días do mes de xaneiro que predín o tempo para os doce meses do ano.

Confrontacións

fortuna

Frases feitas

  • Botar a sortes. Sortear.

  • De sorte que loc conx De maneira que, de forma que.

  • Por sorte. Afortunadamente.

Refráns

  • A auga todo o lava, menos a mala fada.
  • A bo entendemento, pouca fortuna.
  • A boa ventura nunca moito dura.
  • A boa ventura pouco dura; a mala, tarde se acaba.
  • A mala chaga sana, a mala fada mata.
  • A mala procura trae a mala ventura.
  • A mellor sorte é ter unha boa morte.
  • A mellor ventura é a do que a procura.
  • A quen Deus quere ben, o vento axúntalle a leña.
  • A roda da fortuna nunca é unha.
  • A sorte non é para quen a busca, senón para quen a atopa.
  • Aceitona e fortuna, ás veces moita e ás veces ningunha.
  • Afortunado en cartas, desgraciado en faldras.
  • Ben enriba de ben, bolo untado de mel.
  • Ben ¿a onde vas? -A onde teñen máis.
  • Cando a ventura chega a unha casa, botala fóra é parvada.
  • Cando é máis grande a ventura é menos segura.
  • Cando moito, moito e, cando pouco, pouco.
  • Cando tiven dentes, non tiven pan e agora, que teño pan, non teño dentes.
  • Coa fortuna calquera pobre atura.
  • De malas fadas logo se enchen as casas.
  • Fortuna e aceitona, ás veces" pouca e ás veces moita.
  • Hai cativos con fortuna e bos mozos sen ningunha.
  • Hai pillabáns con fortuna e homes de ben con ningunha.
  • Malas fadas fixéronme negra, que eu ben branca era.
  • Ninguén desperte a mala ventura, cando esta durma.
  • O máis fUín porco topa unha boa landra.
  • O peor porco come a mellor landra.
  • O que che tocou en sorte non o teñas por forte.
  • Onde hai morte, non hai boa sorteo
  • Onte porqueiro e hoxe cabaleiro.
  • Para o fUín porco sempre hai unha boa castaña.
  • Para ter fortuna non vale ciencia nin cousa ningunha.
  • Puxéronme as malas fadas moura, que antes era ben loura.
  • Quen mala ventura ten non a vai botar á porta de ninguén.
  • Quen menos a procura, topa ás veces máis ventura.
  • Quen menos vale é quen ás veces máis crece.
  • Quen ten unha boa hora non as ten malas todas.
  • Se a ventura é moita ata as augas se trocan en troitas.
  • Se non tes para hen, para mal non che faltará.
  • Sempre o ruín ha topar unha boa landra.
  • Sempre vai o ben a quen máis ten.
  • Ten ás veces máis ventura o que menos a procura.
  • Uns nacen de pe e outros non saben para qué.
  • Uns nacen deitados e outros nacen de pe.
  • Vaise o ben ao ben, como as abellas ao mel.
  • ¡Benia a tallada que trae outra engarrada!
  • ¡Mundo, mundiño, cando non hai para pan, hai para viño!
  • ¡Sorte teñas, fillo, que o saber non sempre vale!
  • ¡Ventura che dea Deus, que o saber pouco che abonda!