crural

crural

lat crurāle ‘relativo á perna’

Plural: crurais
  1. adx [ANAT ]

    Relativo ou pertencente á coxa.

  2. nervio crural [ANAT ]

    Nervio constituído pola reunión das ramas dorsais dalgúns nervios lumbares, que controla a extensión do xeonllo e a anteversión da coxa. OBS: Tamén se denomina nervio femoral.

Sinónimos

Palabras veciñas

cruorina crup crupier* crural crustáceo -a cruz cruzabico