crustáceo -a

crustáceo -a

lat crusta ‘cotra, codia’

Plural: crustáceos Masculino: crustáceo Masculino plural: crustáceos Feminino: crustácea Feminino plural: crustáceas
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos crustáceos.

    2. s

      Artrópodo do subfilo dos crustáceos.

    3. s

      Subfilo de artrópodos mandibulados, con representantes principalmente acuáticos, que presentan o corpo dividido en cefalotórax e abdome dotados de apéndices birrámeos.

  1. adx [BOT ]

    Aplícase ao talo dunha gran parte dos liques que carecen de córtex inferior e que viven fortemente adheridos á superficie do substrato.

Citas

  • As defensas crustáceas de certos animais poden ser moi sofisticadas

Palabras veciñas

crup crupier* crural crustáceo -a cruz cruzabico cruzada