criado -da

criado -da
Plural: criados Masculino: criado Masculino plural: criados Feminino: criada Feminino plural: criadas
  1. p reg

    criar.

  2. s

    Persoa que serve nunha casa a cambio dun salario.

Refráns

  • A moza mala fai á súa ama brava.
  • A tódolos que servimos, anque sempre traballemas, sempre nos din que durmimos.
  • Ben pode ir o criado a onde vai o amo.
  • Ca teu amo non partas peras, nin en chanzas nin en veras.
  • Cal o amo, tal o criado.
  • Cando o ben do señor tarda, o servicio do criado amaina.
  • Criado, dun día; caseiro dun ano.
  • Criado, e en san Xoán, para o can.
  • Espera o criado galardón e, ás veces, danlle baldón.
  • Eu e o meu criado témo-Ios dous un coidado: el o de comer e eu o de buscalo.
  • Farta ben ao teu criado e veralo calado.
  • Honra é dos amos a que se fai aos criados.
  • Mozo paren te ou mozo rogado non o queiras de criado.
  • Na casa do amo marre o bo criado.
  • Na casa do amo, alí marre o bo criado.
  • Ó amo, comerlle e non temerlle.
  • O bo amo fai o bo criado.
  • Ó bo criado nunca lle falta amo.
  • Ó bo servente untarlle o dente.
  • O criado ben mandado pode ser compañeiro do amo.
  • Ó criado despedido ponlle o diñeiro na man o
  • O criado e o galo só serven para un amo.
  • Ó criado novo, pan e ovo; ao vello, caldo acedo.
  • Ó criado, cando é novo, danlle pan e ovo; e así que é vello, dano ao demo.
  • Ó mozo alcuceiro, amo roncheiro.
  • Ó mozo amañado, a muller ao lado.
  • Ó mozo malo, o amo ao lado.
  • Ó mozo novo dálle ovos; ao mozo vello dálle demos.
  • Os amos e os inimigos, camelos e roelas.
  • Os donos gastando e os criados gañando.
  • Quen queira empobrecer, traia xomaleiros e non os vaia ver.
  • Sirve a señor e saberás o que é dar.
  • Tal manda a criada, tal é a ama.
  • Ter criado é malo mais inda é peor ter amo.
  • ¡Deus te garde de ladrón da casa e de tolo de fóra da casa!

Palabras veciñas

cri du cría criadeiro -ra criado -da criador -ra crianza criar