criar

criar

lat creāre

  1. v t

    Dispensar os coidados necesarios a persoas ou animais cando son pequenos.

  2. v t

    Coidar e atender a educación dun neno.

  3. v t

    Producir algo unha persoa, un animal ou unha cousa ou servirlle de soporte.

  4. v pron

    Superar a súa primeira etapa de desenvolvemento unha persoa ou un animal.

  5. v pron

    Chegar unha persoa ou un animal ao seu maior grao de desenvolvemento.

Citas

  • A curuxa criou este ano no faiado
  • Criou os fillos cunha mamadeira e non lle deu de mamar, Quedaron cos catro cachorros que criou a cadela
  • Criou un pavo para o Nadal
  • Eramos veciños e criámonos xuntos
  • O can criouse sen ter que chamar nunca o veterinario
  • Os avós criáronlles os fillos mentres os pais estiveron fóra
  • Os couselos críanse nos valos
  • Tapa o queixo para que non críe balor, A cancela de ferro criou ferruxe por onde saltou a pintura, Os gatos, aínda que son moi limpos, crían parasitos

Frases feitas

  • Criar herbas. Estar morto.

  • Criar o pasmo. Estar aparvado.

Conxugar
VERBO criar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crío
crías
cría
criamos
criades
crían
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criaba
criabas
criaba
criabamos
criabades
criaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criei
criaches
criou
criamos
criastes
criaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criara
criaras
criara
criaramos
criarades
criaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criarei
criarás
criará
criaremos
criaredes
criarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criaría
criarías
criaría
criariamos
criariades
criarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
críe
críes
críe
criemos
criedes
críen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criase
criases
criase
criasemos
criasedes
criasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criar
criares
criar
criarmos
criardes
criaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cría
-
-
criade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criar
criares
criar
criarmos
criardes
criaren
Xerundio criando
Participio criado
criada
criados
criadas