criadeiro -ra

criadeiro -ra

criar

Plural: criadeiros Masculino: criadeiro Masculino plural: criadeiros Feminino: criadeira Feminino plural: criadeiras
  1. adx

    Que produce moitas crías.

  2. adx

    Que se cría con facilidade.

  3. s m

    Conxunto de instalacións onde se crían plantas ou animais mentres son pequenos ou ata que se poden consumir.

  4. s f col

    Órgano do aparato reprodutor das femias dos mamíferos que contén o embrión e posteriormente o feto.

  5. criadeiro da raia [ZOOL ]

    Casulo de protección dos ovos, de natureza coriácea, rectangular e prolongado en cada ángulo por un filamento que serve para fixarse á vexetación, propia dalgunhas especies de peixes cartilaxinosos como a patarroxa e as raias.

Sinónimos

Citas

  • Diminuíron a explotación de vacún para aumentar a de polos porque son máis criadeiros
  • Hai que traer un carneiro para xuntalo con estas ovellas que son moi criadeiras
  • O peixe que trouxen para a cea vén do criadeiro, Fomos buscar as árbores froiteiras a un criadeiro porque estaban moito máis baratas ca no mercado

Palabras veciñas

crevasse* cri du cría criadeiro -ra criado -da criador -ra crianza