criado -da
criado -da
Plural:
criados
Masculino:
criado
Masculino plural:
criados
Feminino:
criada
Feminino plural:
criadas
-
p reg
criar.
-
s
Persoa que serve nunha casa a cambio dun salario.
Refranes
- A moza mala fai á súa ama brava.
- A tódolos que servimos, anque sempre traballemas, sempre nos din que durmimos.
- Ben pode ir o criado a onde vai o amo.
- Ca teu amo non partas peras, nin en chanzas nin en veras.
- Cal o amo, tal o criado.
- Cando o ben do señor tarda, o servicio do criado amaina.
- Criado, dun día; caseiro dun ano.
- Criado, e en san Xoán, para o can.
- Espera o criado galardón e, ás veces, danlle baldón.
- Eu e o meu criado témo-Ios dous un coidado: el o de comer e eu o de buscalo.
- Farta ben ao teu criado e veralo calado.
- Honra é dos amos a que se fai aos criados.
- Mozo paren te ou mozo rogado non o queiras de criado.
- Na casa do amo marre o bo criado.
- Na casa do amo, alí marre o bo criado.
- Ó amo, comerlle e non temerlle.
- O bo amo fai o bo criado.
- Ó bo criado nunca lle falta amo.
- Ó bo servente untarlle o dente.
- O criado ben mandado pode ser compañeiro do amo.
- Ó criado despedido ponlle o diñeiro na man o
- O criado e o galo só serven para un amo.
- Ó criado novo, pan e ovo; ao vello, caldo acedo.
- Ó criado, cando é novo, danlle pan e ovo; e así que é vello, dano ao demo.
- Ó mozo alcuceiro, amo roncheiro.
- Ó mozo amañado, a muller ao lado.
- Ó mozo malo, o amo ao lado.
- Ó mozo novo dálle ovos; ao mozo vello dálle demos.
- Os amos e os inimigos, camelos e roelas.
- Os donos gastando e os criados gañando.
- Quen queira empobrecer, traia xomaleiros e non os vaia ver.
- Sirve a señor e saberás o que é dar.
- Tal manda a criada, tal é a ama.
- Ter criado é malo mais inda é peor ter amo.
- ¡Deus te garde de ladrón da casa e de tolo de fóra da casa!