correr

correr

lat currĕre

  1. v i
    1. Ir dun lugar a outro movendo as pernas con rapidez.

    2. Participar nunha carreira.

  2. v i

    Desprazarse a gran velocidade, especialmente un vehículo ou a persoa que o conduce.

  3. v i

    Facer ou querer facer algo antes do debido ou con máis apuro do que é conveniente.

  4. v i

    Apresurarse a facer algo de forma inmediata.

  5. v i

    Actuar de présa en calquera actividade.

  6. v i
    1. Moverse as cousas.

    2. Moverse un líquido nun sentido constante seguindo o seu curso.

    3. Soprar o vento.

  7. v i

    Transcorrer o tempo.

  8. v i

    Divulgarse algo.

  9. v i

    Encargarse alguén dalgún asunto determinado.

  10. v t

    Expulsar dun determinado lugar unha persoa ou animal en contra da súa vontade.

  11. v t
    1. Mover unha cousa dun lado para outro desprazándoa.

    2. Facer que se peche ou abra unha cousa movéndoa.

    3. [GRÁF ]

      Facer pasar palabras desde liñas xa compostas a outras para facer algunha modificación.

  12. v t

    Facer un percorrido determinado.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A maior parte das coleccións de moedas están constituídas por exemplares que xa non corren
  • A serra do Galiñeiro corre cara ao S ata o monte Aloia, Para chegar á lagoa debes ir por aquel camiño que corre por entre as viñas, A mancha que tiña na fazula correulle por todo o corpo
  • Cando les corres de máis e non te enteras do que pon no libro, Non ten paciencia ningunha, fai todo a correr
  • Como non teño moitas amizades a miña correspondencia éche moi cativa
  • Como siga facendo ese tipo de negocios, corre cara á súa perdición
  • Corre as cadeiras cara á parede para facer sitio, Correulle o botón do pantalón porque engordara, Correran o ferrollo da porta e non puido entrar ata a mañá
  • Corren novas alarmantes da situación política
  • Correron a mesma sorte
  • Correron o can que se achegaba ao galiñeiro
  • Correron o conto de que andaba o lobo na vila
  • Corréuselle a tinta chinesa e estragou a lámina
  • De non facermos algo, todos correremos a mesma sorte ca el, Éche moi afeccionado ás actividades nas que se corren riscos evidentes
  • Deixa que corra a auga antes de encher o vaso
  • En canto escoita chorar o neno corre a collelo
  • Entre as palabras último e derradeiro non hai unha correspondencia perfecta, O diccionario trilingüe recolle as correspondencias dos termos entre o galego, o portugués e o castelán.
  • Mantén correspondencia co misioneiro que coñecera no Senegal
  • María correu toda Europa o ano pasado gracias ao premio da lotería
  • Na última competición na que participou correu os cen metros lisos
  • Non corras tanto que eu aínda non acabei
  • Non te preocupes, iso corre da miña conta
  • O aluguer corre dende o día no que asinamos o contrato
  • O primeiro quilómetro fíxoo correndo, o segundo xa foi camiñando, Luís acaba de saír agora mesmo, se corres aínda o colles, Botouse a correr así que se enterou da noticia
  • Os coches modernos corren máis cós antigos, Gústalle correr moito e calquera día sofre un accidente
  • Os trens corren sobre carrís de aceiro, Este bolígrafo non corre nada, queda atoado
  • Os tres anos para cobrar a débeda xa comezaron a correr o primeiro do mes pasado
  • Polo san Martiño corre un airiño xeado
  • Por fin corre o xornal que estivera censurado
  • Ten coidado e non metas o pé na auga que corre polo suco, O zume corre polo tronco das árbores
  • Vai no hipódromo para ver cómo corren os seus cabalos
  • ¡Corre as cortinas, que entra moita claridade pola fiestra!
  • ¡Olla como corren as nubes sobre os cumios nevados!

Frases feitas

  • A (todo) correr loc adv Coa maior rapidez posible,

  • Correr a voz. Difundir un rumor ou unha noticia.

  • Correr coma o sapo pola cinza. Ser pouco espilido ou algo descoidado.

  • Correr coma un raio/un foguete/ unha lebre. Correr a gran velocidade.

  • Deixar correr. Consentir, por calquera motivo, que unha cousa falsa ou prexudicial se diga ou faga.

  • Correr a cortina. Deixar de falar sobre un asunto determinado.

  • Correr a escola. Latar, faltar voluntariamente

  • Correr ben a auga polo rego. Comprender algunha cousa de forma clara.

  • Correr mundo. Viaxar moito.

  • Correr o entroido. Disfrazarse e andar de troula polo entroido.

  • Correr pola cabeza. Ter unha idea vaga ou imprecisa sobre algunha cousa.

  • Correrlle as xuntas a un/Correrlle a albarda a un. Mallar a paos unha persoa.

  • Marchar corrido coma un can. Sa

  • ¡Corre rabo tras teu amo! Expresi

Conxugar
VERBO correr
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corro
corres
corre
corremos
corredes
corren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corría
corrías
corría
corriamos
corriades
corrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrín
corriches
correu
corremos
correstes
correron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correra
correras
correra
correramos
correrades
correran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correrei
correrás
correrá
correremos
correredes
correrán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correría
correrías
correría
correriamos
correriades
correrían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corra
corras
corra
corramos
corrades
corran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correse
correses
correse
corresemos
corresedes
corresen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correr
correres
correr
corrermos
correrdes
correren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corre
-
-
correde
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correr
correres
correr
corrermos
correrdes
correren
Xerundio correndo
Participio corrido
corrida
corridos
corridas