corresponder

corresponder

co- + responder

  1. v i

    Manter dúas cousas unha relación de conformidade ou de congruencia mutua.

  2. v i
    1. Ter alguén a obriga de realizar algo.

    2. Ser oportuno ou conveniente realizar algunha cousa.

  3. v i

    Pertencer algunha cousa a alguén por dereito, polo seu rango, por méritos adquiridos ou por calquera outra circunstancia semellante.

  4. v i

    Devolver a unha persoa algo material ou inmaterial a cambio doutra cousa que se recibiu anteriormente.

  5. v pron

    Estar dúas cousas en relación de identidade.

Sinónimos

Confrontacións

competer

Citas

  • A ala dereita do edificio non corresponde exactamente á esquerda
  • As dúas alas do edificio non se corresponden exactamente
  • As noticias que temos aquí do que aconteceu na aldea non se corresponden coas túas, A calidade da obra non se corresponde coas críticas recibidas
  • Correspóndeche o primeiro lugar na lista, A resolución dese conflicto correspóndelle ás autoridades competentes
  • Correspóndelle con palabras de agarimo
  • Correspóndelles aos mozos deixarlles o asento ás persoas maiores
  • Correspondeulle cun agasallo ao favor que lle fixo, Pedro non corresponde ao afecto que ti lle tes
  • O coidado dos teus pais correspóndeche a ti, Correspóndeme a min pechar a tenda esta semana
  • O número de teléfono non corresponde a ningún cliente, Eses edificios non corresponden ao estilo arquitectónico da cidade, Aqueles cables non corresponden a ese aparello, Os seus modais non corresponden á educación recibida
  • O termo B da segunda progresión corresponde co termo A da primeira
  • Ten un irmán no Brasil co que se corresponde dende a mocidade
  • Tenche que dar as cincocentas pesetas que che corresponden da lotería
Conxugar
VERBO corresponder
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondo
correspondes
corresponde
correspondemos
correspondedes
corresponden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondía
correspondías
correspondía
correspondiamos
correspondiades
correspondían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondín
correspondiches
correspondeu
correspondemos
correspondestes
corresponderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondera
corresponderas
correspondera
corresponderamos
corresponderades
corresponderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponderei
corresponderás
corresponderá
corresponderemos
corresponderedes
corresponderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondería
corresponderías
correspondería
corresponderiamos
corresponderiades
corresponderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponda
correspondas
corresponda
correspondamos
correspondades
correspondan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondese
correspondeses
correspondese
correspondesemos
correspondesedes
correspondesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponder
corresponderes
corresponder
correspondermos
corresponderdes
corresponderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corresponde
-
-
correspondede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponder
corresponderes
corresponder
correspondermos
corresponderdes
corresponderen
Xerundio correspondendo
Participio correspondido
correspondida
correspondidos
correspondidas