espantar

espantar

lat v *expaventāre

  1. v t

    Causar espanto, medo ou susto a alguén.

  2. v t

    Facer que fuxa un animal ou unha persoa, especialmente ao asustalo ou ameazalo.

  3. v t

    Causar, algo que non gusta, unha sensación desagradable a alguén.

  4. v pron

    Sentir unha forte sensación de espanto.

Sinónimos

Citas

  • A tormenta espantou as ovellas, Espantaron o can doente cunha estaca
  • Espantou o frío cuns grolos de viño
  • Espantouno cos seus contos de medo, A masacre espantou a todo o mundo, Espántao a soidade
  • Espantounos a voz desafinada da cantante
  • Espantouse ao ver que o perseguían, Espantábase co número de víctimas da II Guerra Mundial, O gando espantouse coa tronada

Frases feitas

  • Non matar nin espantar. Ser moi boa persoa.

Conxugar
VERBO espantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espanto
espantas
espanta
espantamos
espantades
espantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantaba
espantabas
espantaba
espantabamos
espantabades
espantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantei
espantaches
espantou
espantamos
espantastes
espantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantara
espantaras
espantara
espantaramos
espantarades
espantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantarei
espantarás
espantará
espantaremos
espantaredes
espantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantaría
espantarías
espantaría
espantariamos
espantariades
espantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espante
espantes
espante
espantemos
espantedes
espanten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantase
espantases
espantase
espantasemos
espantasedes
espantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantar
espantares
espantar
espantarmos
espantardes
espantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
espanta
-
-
espantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espantar
espantares
espantar
espantarmos
espantardes
espantaren
Xerundio espantando
Participio espantado
espantada
espantados
espantadas