correo

correo

cat correu occit antigo corrieu ‘mensaxeiro’

Plural: correos
    1. s

      Persoa que ten por oficio levar avisos, cartas ou calquera outro envío dun lugar a outro.

    2. correo diplomático

      Axente do ministerio de Asuntos Exteriores encargado de levar os despachos aos embaixadores.

  1. s m
    1. Servizo público, tamén chamado servizo de correos, que ten por obxecto o transporte e a repartición da correspondencia oficial e particular.

    2. ehículo de transporte público que transporta a correspondencia e outros obxectos remitidos a través do servizo de correos.

  2. s m

    Conxunto de cartas, documentos e paquetes que se expide, transporta ou recibe por correo.

  3. s m

    Local ou oficina onde se organiza o servizo de correos nunha localidade.

    1. s

      Mensaxe ou conxunto de mensaxes que se reciben ou mandan a través das redes informáticas.

    2. correo de voz

      Mensaxe electrónica que se recibe por teléfono, gravada e reproducida automaticamente cando o destinatario a solicita.

    3. correo electrónico

      Sistema que permite a transmisión de mensaxes por ordenador dunha máquina a outra ou outras ao mesmo tempo.

Citas

  • O edificio novo de correos está no centro da cidade
  • O tren correo chega á estación ás nove e media, Antigamente eran moi populares os vapores correo