conformidade
conformidade
lat conformitāte
-
s
f
Calidade das cousas que se asemellan ou teñen outra como referente.
-
s
f
-
Feito de estar conforme coa opinión doutra persoa.
-
Expresión desa aprobación.
-
-
s
f
[ESTRATIG ]
Relación entre dous estratos, pisos ou series, que se dispoñen paralelamente un detrás do outro, sen que haxa ningún tipo de interrupción na sedimentación.
-
s
f
[SOCIOL ]
Aceptación, por parte dos membros dunha comunidade, das normas que prevalecen nesta nun momento dado, impostas ou mantidas polo grupo social dominante.
Sinónimos
Antónimos
Confrontacións
acordo, concordancia, consonanciaCitas
- Non hai conformidade entre as pretensións do club e as do xogador
- Para continuar co proceso cómpre ter a conformidade dos implicados, Asistir á presentación do acto reafirmou a súa conformidade co proxecto
Refráns
- A cada paxariño chégalle o seu niño.
- A faldriqueira do pobre, con pouco diñeiro se enche.
- A falta da vaca, bos son polos con touciño.
- A falta de pan, bo é pantrigo / bo é o pantrigo.
- A falta de pan, boas son bicas.
- A que non ten doncela, sérvese ela.
- Agárrome a este sacho porque outro mellor non acho.
- Algo é algo pero menos é nada.
- Algo non é moito, pero nada inda é menos.
- Cada paxariño atópase ben no seu niño.
- Cando fores bigomia, aguanta; cando fores martelo, malla.
- Colle o tempo a conforme vén, se outra cousa non podes facer.
- En tempo e lugar hai que saber perder e gañar.,
- Na noite da voda cal a topes, tal a toma.
- No palleiro ben dorme o que anda ao ventimperio.
- O lobo non come da carne que quer senón da que houber.
- Pan da miña falchoca, como el non me falte, todo me sobra.
- Pucheiriño pequeno logo está cheo.
- Se non vexo polos ollos, vexo polos anteollos.
- Tan contenta vai unha galiña cun polo coma outra con oito.
- Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan.
- Teño o que teño e, co que teño, ben ou mal me manteño.
- Todo o que vén, convén.
- Toma o que che dan e non chores polo que queda.
- Vale máis algo que nada.
- Xa que non hai fogazas ¡veñan as pandeiradas!
- ¡Nunca a feira vaia que máis mal me saia!
- ¡Nunca vaia a feira que máis perda!