concordancia

concordancia

lat concordantĭa

Plural: concordancias
  1. s f
    1. Acción e efecto de concordar.

    2. Estado de conformidade ou de correspondencia entre dúas ou máis cousas.

  2. s
    1. [RELIX ]

      Orde alfabética de todas as palabras da Biblia, con citas dos lugares onde aparecen.

    2. Índice alfabético que mostra os lugares dun texto en que se pode atopar cada palabra principal e que se pon ao final do mesmo.

    1. s

      Fenómeno polo que dous ou máis elementos dunha lingua presentan algunhas características gramaticais comúns.

    2. concordancia temporal

      consecutio temporum.

  3. s f [ESTRATIG ]

    Relación de paralelismo entre dúas capas sedimentarias.

  4. concordancia de fase [FÍS ]

    Estado de dúas ondas sinusoidais do mesmo período en fase.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

conformidade

Citas

  • Aquelas boas mulleres), O verbo presenta morfemas de número e persoa que determinan o substantivo que actúa como suxeito ( Elas bailaban), Así pois, a concordancia supón unha interrelación entre distintas palabras
  • Déronse varias concordancias entre os asistentes á reunión
  • Este libro non ten índice de concordancias
  • Non houbo concordancia entre os asistentes ao pleno