conformidade

conformidade

lat conformitāte

Plural: conformidades
  1. s f

    Calidade das cousas que se asemellan ou teñen outra como referente.

  2. s f
    1. Feito de estar conforme coa opinión doutra persoa.

    2. Expresión desa aprobación.

  3. s f [ESTRATIG ]

    Relación entre dous estratos, pisos ou series, que se dispoñen paralelamente un detrás do outro, sen que haxa ningún tipo de interrupción na sedimentación.

  4. s f [SOCIOL ]

    Aceptación, por parte dos membros dunha comunidade, das normas que prevalecen nesta nun momento dado, impostas ou mantidas polo grupo social dominante.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

acordo, concordancia, consonancia

Citas

  • Non hai conformidade entre as pretensións do club e as do xogador
  • Para continuar co proceso cómpre ter a conformidade dos implicados, Asistir á presentación do acto reafirmou a súa conformidade co proxecto

Refranes

  • A cada paxariño chégalle o seu niño.
  • A faldriqueira do pobre, con pouco diñeiro se enche.
  • A falta da vaca, bos son polos con touciño.
  • A falta de pan, bo é pantrigo / bo é o pantrigo.
  • A falta de pan, boas son bicas.
  • A que non ten doncela, sérvese ela.
  • Agárrome a este sacho porque outro mellor non acho.
  • Algo é algo pero menos é nada.
  • Algo non é moito, pero nada inda é menos.
  • Cada paxariño atópase ben no seu niño.
  • Cando fores bigomia, aguanta; cando fores martelo, malla.
  • Colle o tempo a conforme vén, se outra cousa non podes facer.
  • En tempo e lugar hai que saber perder e gañar.,
  • Na noite da voda cal a topes, tal a toma.
  • No palleiro ben dorme o que anda ao ventimperio.
  • O lobo non come da carne que quer senón da que houber.
  • Pan da miña falchoca, como el non me falte, todo me sobra.
  • Pucheiriño pequeno logo está cheo.
  • Se non vexo polos ollos, vexo polos anteollos.
  • Tan contenta vai unha galiña cun polo coma outra con oito.
  • Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan.
  • Teño o que teño e, co que teño, ben ou mal me manteño.
  • Todo o que vén, convén.
  • Toma o que che dan e non chores polo que queda.
  • Vale máis algo que nada.
  • Xa que non hai fogazas ¡veñan as pandeiradas!
  • ¡Nunca a feira vaia que máis mal me saia!
  • ¡Nunca vaia a feira que máis perda!