conformación

conformación

lat conformatiōne

Plural: conformacións
  1. s f

    Acción de conformar ou conformarse.

  2. s f
    1. Estrutura ou forma dalgunha cousa.

    2. [ANAT ]

      Disposición xeral das partes que forman un corpo organizado ou un órgano.

    3. [QUÍM ]

      Cada unha das disposicións xeométricas dos átomos dunha molécula no espazo, que poden interconverterse por rotación ao redor dun enlace simple que se toma como eixe.

  3. s f
    1. Acción que dá aos metais unha forma axeitada, que permite que sexan traballados en forma de pranchas ou barras.

    2. Acción de dar aos plásticos unha forma adecuada para aproveitar a súa capacidade de deformación.

Citas

  • A conformación deses lenzos reflicte claramente a época e o estilo no que foron pintados
  • Cómprenlle chapeos de talle especial debido á conformación da súa cabeza