oposición

oposición

lat oppositĭōne

Plural: oposicións
  1. s f

    Acción e efecto de opoñer ou de opoñerse.

  2. s f

    Antagonismo entre dous elementos.

  3. s f

    Disposición dunha cousa fronte a outra.

  4. s f [DER ]

    Procedemento de selección de funcionarios que consiste en facer unha serie de exercicios que proben a suficiencia dos aspirantes e os clasifiquen segundo a puntuación obtida.

    1. s [FILOS ]

      Relación entre dous conceptos, dous membros ou dous aspectos, en que un é a negación do outro ou ten unha calidade que non se pode dar simultaneamente coas do outro.

    2. s [LING ]

      Relación distintiva que se establece entre os elementos homoxéneos dun sistema lingüístico.

    3. oposición gradual [LING ]

      Oposición fonemática en que o trazo distintivo operante considerado basea a súa facultade diferenciadora nun grao maior ou menor da característica fónica que o constitúe.

    4. oposición significativa [LING ]

      Oposición formada por dous signos da lingua con significados diferentes.

  5. s f [POLÍT ]

    Organización ou organizacións que loitan contra os que teñen o poder político para conseguilo por medios pacíficos ou violentos.

  6. s f [ASTRON ]

    Situación relativa de dous astros cando están aliñados coa Terra entre os dous. Cando dous astros están en oposición, entre as lonxitudes xeocéntricas de un e do outro hai unha diferenza de 180?, e entre as súas ascensións rectas hai unha diferenza de 12 horas.

Citas

  • A oposición das pantallas permite unha visión diferente da obra
  • A oposición entre a ficción e a realidade é a característica máis importante desta novela