contraste

contraste

contrastar

Plural: contrastes
    1. s

      Oposición que se establece entre unha cousa e outra coa que se compara.

    2. s [LING ]

      Diferenza fonolóxica que se establece entre unidades contiguas da cadea falada.

    3. s [METEOR ]

      Cambio forte e súpeto da dirección do vento cara ao rumbo contrario do que sopraba nun principio.

    4. s [PALEOG ]

      Oposición entre trazos grosos e finos dunha letra escrita cunha pluma ampla e frouxa.

    5. s [PINT ]

      Oposición de dous ou máis elementos dunha representación gráfica co fin de resaltar un deles.

    6. contraste de hipóteses [MAT ]

      Proba que consiste na realización de experiencias que permitan determinar o valor dunha variable aleatoria definida en función da hipótese formulada en termos estatísticos. OBS: Tamén se denomina test de hipótese.

    1. s

      Acción e efecto de contrastar obxectos valiosos ou a exactitude de pesos e medidas.

    2. s

      Marca oficial que se estampa nunha peza de ourivaría para sinalar a súa calidade e pureza.

    3. s

      Persoa que ten o oficio de contrastar.

    1. s

      Estimación subxectiva da diferenza de claridades entre dúas superficies colocadas unha a carón da outra, é dicir, da diferenza das súas luminancias.

    2. contraste dunha imaxe

      Cociente entre os puntos máis claros e os máis escuros dunha imaxe.

    1. s

      Diferenza que se establece entre as densidades ou graos de luz presentes nunha imaxe.

    2. contraste simultáneo

      Efecto que provocan os matices de cor uns sobre outros.

  1. substancia de contraste [MED ]

    Medio de diferenciación visual, na diagnose clínica, que se emprega xeralmente para a análise de cavidades orgánicas radiotransparentes.

Confrontacións

contraposición, diverxencia

Citas

  • As dúas obras conforman un fermoso contraste