carambola

carambola

concani, marata karambal sánscr karmaranga ‘froito da caramboleira’

Plural: carambolas
  1. s f

    Froito acedo e comestible en forma de estrela que dá a caramboleira.

  2. s f [XOGO ]

    Xogada de billar que consiste en tocar coa bóla que se golpea as outras dúas bólas, ou a unha soa e esta, á súa vez, á terceira.

  3. s

    Dobre efecto, conseguido por sorte e non por habilidade, que resulta dunha soa acción.

Citas

  • Boa carambola fixo ao matar dúas perdices cun mesmo tiro
  • Na derradeira partida do campionato fixo unha serie de carambolas seguidas