calma
calma
lat cauma gr κα ῦ μα ‘calor’
-
s
f
Estado da atmosfera ou do mar cando non hai perturbacións.
-
s
f
Falta de ruído ou axitación nalgún lugar.
-
s
f
Estado ou comportamento da persoa que non está excitada nin demostra enfado.
Sinónimos
Antónimos
Confrontacións
calmazo, calmeiro, flegma, quietudeCitas
- A súa faciana sempre transmite unha sensación de calma
- Cando nos deron o golpe no coche, tomouno con moita calma
- Durante o adestramento reinou a calma no estadio
- É abraiante a calma que tes antes dos exames
- Sempre espera con calma o autobús
- Tivemos que acender o motor porque había calma e non avanzabamos coas velas
Refráns
- Acabouse a calma e acabouse a présa.
- Comer, durmir e cagar piden vagar.
- Logo é feito o que é hen feito.
- Máis vale un bo vagar ca un bo traballar.
- O comer e o beber non queren présa.
- O que non é o día de santa Lucía é para outro día.
- O que non se fai pola santa Lucía, faise ao outro día.
- O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño.
- Quen vén non tarda.
- Rai que dar tempo ao tempo, para que as cousas veñan con tento.
- Se non tes moito vagar, algo compre facer para descansar.
- Sen pensar veñen as cousas polo seu lugar.