calma

calma

lat cauma gr κα ῦ μα ‘calor’

Plural: calmas
  1. s f

    Estado da atmosfera ou do mar cando non hai perturbacións.

  2. s f

    Falta de ruído ou axitación nalgún lugar.

  3. s f

    Estado ou comportamento da persoa que non está excitada nin demostra enfado.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

calmazo, calmeiro, flegma, quietude

Citas

  • A súa faciana sempre transmite unha sensación de calma
  • Cando nos deron o golpe no coche, tomouno con moita calma
  • Durante o adestramento reinou a calma no estadio
  • É abraiante a calma que tes antes dos exames
  • Sempre espera con calma o autobús
  • Tivemos que acender o motor porque había calma e non avanzabamos coas velas

Refranes

  • Acabouse a calma e acabouse a présa.
  • Comer, durmir e cagar piden vagar.
  • Logo é feito o que é hen feito.
  • Máis vale un bo vagar ca un bo traballar.
  • O comer e o beber non queren présa.
  • O que non é o día de santa Lucía é para outro día.
  • O que non se fai pola santa Lucía, faise ao outro día.
  • O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño.
  • Quen vén non tarda.
  • Rai que dar tempo ao tempo, para que as cousas veñan con tento.
  • Se non tes moito vagar, algo compre facer para descansar.
  • Sen pensar veñen as cousas polo seu lugar.